lundi 16 décembre 2019

ENCONTROS DE CORRESPONDENTES XUVENÍS

Correspondentes xuvenís 3.0 pretende contar cunha "antena informativa" en cada centro educativo. Será alumnado quen se responsabilice de recoller a información que se lles envie desde Xuventude ou da OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do centro coordinador de información xuvenil e co profesorado participante no programa.
Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
1. Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: taboleiro informativo, redes sociais, grupos de wahtsapp...
2. Manter actualizado e ordeado o taboleiro informativo do centro.
3. Remitir a Xuventude información do seu centro que poida ser de interés para correspondentes doutros puntos de Galicia.
Beneficios para os/as correspondentes:
Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen no albergue xuvenil de Gandarío.
Recibirán gratuitamente o carné xove, e aqueles/as que o necesiten faráselles o carné ISIC e o carné Alberguista
Terán preferencia nalgúns dos programas da DXXPV nos que así conste nas súas bases.
Reconoceráselles o tempo como persoas voluntarias mediante un certificado expedido pola Dirección Xeral de Xuventude.
Poderán solicitar o Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
XUVENTUDE