vendredi 22 mars 2019

SORTIE SCOLAIRE : VENDREDI 29 MARS POUR LES ÉLÈVES DE FRANÇAIS DE 3ºESO, 4º ESO ET 1º BACH.

WALLAY


Director: 
Género: 
Año: 
Want create site? Find Free WordPress Themes and plugins.
Características: 84’ | Color | Francés, diula | Subt. español
SINOPSIS
Wallay describe la vida cotidiana en Burkina Faso a través de los ojos de Ady, un chico de 13 años. Ahora vive en Francia, pero su padre ha decidido mandarle a visitar a sus parientes en África Occidental. El niño está entusiasmado con la idea de pasar unas tranquilas vacaciones en el país de origen de su padre, pero cuando por fin llega, su tío le recibe con frialdad y reproches. El resto de la familia se siente feliz de verle y todos intentan templar los ánimos del tío, pero Ady no tarda en darse cuenta de que su estancia no será muy relajada.

SYNOPSIS
Wallay dépeint la vie quotidienne au Burkina Faso à travers les yeux d’Ady, un garçon de 13 ans. Il vit habituellement en France, mais son père a décidé de l’envoyer en séjour prolongé dans sa famille d’Afrique de l’Ouest. Le jeune garçon est très enjoué à l’id
ée de passer des vacances décontractées dans le pays d’origine de son père, mais quand il arrive là-bas, l’accueil de son oncle est froid et r éprobateur. Les autres membres de la famille sont heureux de rencontrer ce visiteur qui vient de loin et tentent d’apaiser l’ambiance, mais Ady réalise rapidement que son séjour ne va pas être de tout repos.
SOURCE : 

Harmatán es el resultado del trabajo conjunto de  los programadores y la coordinación de las sedes que forman el corredor cultural A Coruña-Móstoles-Murcia para generar una nueva forma de acercarse a un continente multicultural y moderno a través de sus expresiones artísticas, que dan cuenta de la heterogénea realidad africana.

A CORUÑA TEATRO ROSALÍA DE CASTRO

Miércoles 27 20.30h. TEATRO: The island, Cie Deux temps Trois mouvements.
Encuentro con el público
Domingo 31 19.00h. DANZA: PerformerS, Cie Auguste-Bienvenue.
Encuentro con el público
TEATRO COLÓN
Viernes 29 11.00h. CINE: Wallay, de Berni Goldblat.
Encuentro con el público
Sábado 30 20.30h. MESA REDONDA Mujer y África: con Ken Bugul, Nicole
Ndongala y Lucía Mbomío.

mardi 19 mars 2019

FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO


Teatro clásico en Lugo

Un ano máis o alumnado de Cultura Clásica, Latín e Grego do IES As Mariñas acudiu a Lugo a súa cita habitual co festival de Teatro Grecolatino.

 Pola mañá o alumnado da ESO visitou a Domus dos Mosaicos e fixo un xogo de orientación na busca das pegadas romanas polo casco vello de Lugo. Mentres, o alumnado de bacharelato asistía á representación da traxedia grega de Eurípides, As troianas, adaptación da compañía Noite Bohemia, que amosa unha raína Hécuba e unhas troianas que, despois da guerra de Troia enfrontan con honor, pero con medo, o destino que lles agarda como escravas dos gregos vencedores. Xa pola tarde todos asistimos á representación de Anfitrión, de Plauto, comedia de enredo baseada na suplantación da identidade.

FÊTE DES PÈRES





lundi 18 mars 2019

Manifesto polo clima

Este venres 15 de marzo tiveron lugar  manifestacións de estudantes preocupados polo punto en que o planeta se atopa fronte ao reto do cambio climático.
Dende o centro, quixemos apoiar ao noso alumnado nunha causa que nos parece de especial importancia. Por ese motivo levouse a cabo un parón das actividades lectivas as 11.15 de todo o centro e unha concentración diante do edificio principal para a lectura dun manifesto:


Manifesto polo clima




Cambiar o clima ten un prezo. Quen o pon? Quen o paga?

Xa non existen dúbidas de que os impactos do cambio climático afectan cada vez máis severamente a todas as persoas, rexións, ecosistemas e economías. Incidirá negativamente na saúde e na esperanza de vida de moitas poboacións, no mantemento de diversos sectores produtivos e empregos, na perda acelerada da biodiversidade, e nos costes económicos e sociais que moitos países terán que afrontar para paliar os seus efectos.

Tamén está cada vez máis claro que os que menos responsabilidades teñen nas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) son os que máis sofren as alteracións climáticas, porque viven en zonas especialmente vulnerábeis e dispoñen de menos medios para protexerse ou adaptarse a elas. O cambio climático frea o desenvolvemento dos pobos, dificulta a erradicación da pobreza e incrementa a desigualdade entre países e no interior de cada país.

Todo o mundo, especialmente nos países industrializados, temos responsabilidades nas emisións de gases de efecto invernadoiro polo noso comportamento de consumo ou de transporte. Hai ademais moitas grandes corporacións que fan o seu negocio mantendo un sistema produtivo contaminante, que son o auténtico freo para o cambio a un modelo de produción e consumo limpo e sostible. A súa enorme capacidade de influencia nas políticas dos gobernos é un dos principais problemas ao que nos enfrontamos.

O cambio climático está directamente relacionado co actual modelo enerxético baseado nos combustibles fósiles como carbón, petróleo e gas, posto a queima deles libera á atmosfera CO2, o principal dos GEI, por iso é necesaria e urxente a transición cara a un modelo enerxético renovábel, eficiente, sostíbel e xusto que garanta o acceso universal á enerxía. As tecnoloxías existen e son competitivas en termos económicos, considerando ademais os beneficios que proporcionan en canto a diminución da dependencia externa de combustíbeis fósiles, xa que os recursos renovábeis son locais porque a enerxía provén do vento, o sol, a auga e as plantas. Crean ademais emprego local con maior número de postos de traballo e contribúen a un aire máis limpo, coas vantaxes que isto ten para a saúde.

Estes cambios poden supor tamén un maior control social e cidadán sobre os nosos recursos e suministros. Todo iso pódese potenciar ademais fomentando que o cidadán, como consumidor/a, teña a información necesaria como para incidir nunha maior demanda de produtos e servizos sostíbeis ao longo de toda a súa cadea de valor e especialmente na xestión da súa demada enerxética e no autoconsumo con enerxías renovábeis.

A Conferencia do Cambio Climático deste ano en París (COP 21) será trascendental na medida en que se alcance un acordo internacional legalmente vinculante para despois de 2020 que garanta unha redución de emisións suficientemente ambiciosa para evitar os peores impactos ecolóxicos, económicos e sociais do cambio climático. As políticas climáticas nos seus distintos niveis territoriais (europeo, nacional, rexional ou local) deben presentar obxectivos de redución de emisións de gases de efeto invernadoiro acordes coas recomendacións científicas (IPCC) que garantan que non se sobrepasan os 2º C de temperatura media global, ou preferibelmente os 1,5 º C, xa que canto máis aumenten as temperaturas os impactos serán peores.

España verase afectada polo incremento dos incendios forestais, extremas sequías e aumento do nivel do mar entre outros impactos. Ademais, é preciso adoptar ambiciosas medidas de redución dende agora mesmo para pechar a brecha de emisións antes de 2020, especialmente por parte dos países desenvolvidos, e tamén estabelecer mecanismos posteriores ao acordo de París que permitirán aumentar a ambición dos obxectivos se se observase un agravamento dos escenarios climáticos.

Todo iso lévanos á necesidade de manter un gran nivel de ambición na redución de emisións a nivel mundial para 2050 que nos encamiñe a un escenario global de cero emisións. En todos os sectores (industria, xeración de enerxía, transporte, agricultura, edificación, xestión de residuos) é urxente pór en marcha medidas para reducir as emisións e todos os países teñen que facer esforzos para a mitigación, baixo o principio das responsabilidades compartidas pero diferenciadas, tendo en conta as súas emisións históricas e o seu grao de desenvolvemento e industrialización.

A transición a un novo modelo de produción e consumo sostíbel non pode facerse sen protexer os traballadores afectados. Unha transición xusta esixe garantir novas oportunidades de emprego de calidade e iso só pode facerse con políticas públicas, planificadas e sostíbeis.

Tan importante como mitigar o cambio climático é implementar compromisos de adaptación para favorecer a capacidade das persoas de resistir os seus efectos, incluíndo as reparacións para as máis empobrecidas e marxinalizadas que non causaron o cambio climático, con programas específicos tamén en todos os niveis competenciais.

No contexto internacional, un aspecto clave, especialmente para os países en desenvolvemento, é o trasvase de financiación suficiente e adicional dende os países industrializados para as políticas de mitigación e para as de adaptación. As contribucións comprometidas no Fondo Verde para o Clima de 100.000 millóns de dólares anuais para 2020 deberían axudar a desenvolver o cambio cara a un modelo baixo en carbono impulsando particularmente as renovábeis e a eficiencia enerxética. O 50% do Fondo deberá destinarse á adaptación, tal e como se acordou en Lima.

Para afrontar os retos climáticos fai falta unha acción política clara, urxente e trasformadora. Isto só se conseguirá cunha cidadanía consciente dos problemas e das soluciónns, unha cidadanía esixente e mobilizada.

Alianza polo Clima. Greenpeace

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL.

Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2019, co código de procedemento ED523A, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos. 

vendredi 15 mars 2019

ECOLOGIE


Chaque année l'humanité utilise plus de ressources naturelles que la planète ne lui permet.
Nous utilisons plus de ressources que la nature ne peut régénérer, à cause de la surpêche et la surexploitation des forêts notamment. Mais aussi parce que notre émission de dioxyde de carbone dans l'atmosphère est plus importante que ce que les écosystèmes - les arbres et océans - peuvent absorber. Actuellement, nous consommons l’équivalent de 1,7 planète Terre par an. “Un déficit que nous continuons de creuser d’année en année, en empruntant des ressources naturelles à la Terre, aux autres pays et aux générations futures”, selon WWF.
SOURCE : JOUR DU DÉPASSEMENT

Après 7 ans passés à l’étranger, entre voyages et missions de solidarité internationale, Julien prend conscience de l’urgence écologique et cherche de quelle manière il pourra continuer à agir pour l’environnement une fois rentré en France, auprès de ses proches.
À son retour, il profite de son œil neuf pour remettre ses habitudes de vie en question, les mesurer et en adopter de nouvelles, plus respectueuses de l’environnement . 
Il a créé un répertoire de 365 idées d’éco-gestes prêts à l'emploi, classés par catégories selon l’investissement temps/argent qu’on est prêt à réaliser et les domaines sur lesquels on veut avoir un impact.

jeudi 14 mars 2019

CAMBIO CLIMÁTICO.

Este venres 15 de marzo terán lugar  manifestacións de estudantes preocupados polo punto en que o planeta se atopa fronte ao reto do cambio climático.
Dende o equipo directivo, queremos apoiar ao noso alumnado nunha causa que nos parece de especial importancia. Por ese motivo levarase a cabo un parón das actividades lectivas as 11.15 de todo o centro e unha concentración diante do edificio principal para a lectura dun manifesto. Despois retomaremos as actividades lectivas.
  
 O equipo directivo

ACTIVIDADES DO MES DE MARZO 2019

TÍTULO

DIA

HORARIO

LUGAR

IMPARTIDA

DESTINATARIOS

 

COMIDA ENTROIDO

1

VENRES

 

15:00

 

 

CASA JULIA

 

CLAUSTRO E PND

 

SAÍDA CULTURAL

7

XOVES

 

09:00-18:00

SANTIAGO, LOUSAME E NOIA

 

HISTORIA

2º BAC

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

7-8

Xov.-ven.

 

TODO O DÍA

AO LADO DA CAFETERÍA

 

ASOCIACIÓN A.I.R.E.

COMUNIDADE EDUCATIVA

 

TEATRO CLÁSICO

12

MARTES

DE 10:15 A 18:00

LUGO

LATÍN E GREGO

3º ESO  E 4º ESO B

1º BAC- H

2º BAC- H

(SÓ ALUMNOS DE LATÍN E GREGO)

 

TEATRO PMAR

15

VENRES

 

12:35

 

SALÓN DE ACTOS

 

COMUNIDADE EDUCATIVA

 

DÍA DA POESÍA

 

18

LUNS

 

13:00

 

SALÓN DE ACTOS

 

CONCELLO-ALDAOLADO

3º ESO

4º ESO

1º BAC

 

CINE: Spacewalker

 

22

VENRES

 

16:00

 

BIBLIOTECA

 

BIBLIOTECA

COMUNIDADE EDUCATIVA

 

TALLER DE ESCRITA LIT.

 

25

LUNS

 

10:25

 

Aula por especificar

 

APIARIO

ALUMNOS SELECCIONADOS

 

CINE: WALLAY

29

VENRES

 

10:00-14:00

 

TEATRO COLÓN

 

3º E 4º ESO, 1º E 2º BAC

 

FEIRA MATEMÁTICA

30

SÁBADO

 

10:00-14:00

 

PALEXCO

 

MATEMÁTICAS

COMUNIDADE EDUCATIVA

 

 

PREVENCIÓN CONDUTAS ADITIVAS

12MARTES

13  MÉRC.

14 XOVES

18 LUNS

20 MÉRC.

21 XOVES


16:20; 17:10

9:35; 10:25; 11:45 9:35; 10:25; 11:45 10:25; 11:45; 12:35 9:35; 10:25 11:45; 9:35; 11:45

 

AULAS DE REFERENCIA

TÉCNICO DO CONCELLO

1ºB 2ºA (RESPECTIVAMENTE)

1ºB 3ºA-PMAR 4ºB (RESPECT.)

3ºB 2ºB 1ºB (RESPECT.)

2ºB 2ºA 1ºA (RESPECT.)

4ºB 3ºB 4ºA (RESPECT.)

4ºA 3ºA-PMAR (RESPECT.)