mardi 9 octobre 2018

Concerto por conta do grupo galego Zenzar

Venres 5 de outubro na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns ás 12:00 h da mañá tivo lugar un concerto por conta do grupo galego Zenzar (http://www.zenzar.info/).




Esta actividade estaba orientada para o alumnado de secundaria dos centros de ensino de Betanzos por parte do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos. A proposta levaba por nome "Música e lingua, repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nel" e estaba organizada dentro do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña.
 O alumnado asistente desfrutou, en primeiro lugar, dunha vídeo-charla con membros do grupo, falando da historia do rock en galego como elemento dinamizador da lingua na nosa cultura, todo isto combinado con información e vídeos de bandas pioneiras da música contemporánea en galego, e unha pequena instrospectiva do que é o papel da muller na música galega, coas ilustracións de Laura Romero, actual baixista do grupo e creadora do proxecto "Músicas galegas ilustradas", e unha segunda parte que foi o concerto citado, onde se escoitaron pezas de moitas etapas que viviron o grupo máis algunhas das súas novas creacións, ao máis puro estilo do grupo, un rock contundente e honesto.