lundi 4 février 2019

CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

A charla que recibimos o Venres 25 trataba sobre a violencia de xénero, é dicir, que intentaban inculcarnos un tipo de valores nos cales o home estaba nun nivel igual que a muller, e non intentaba magullala ou deixala quedar mal. Foi unha charla na que na miña opinión estaba moi ben pensada. Tratáronse os temas cos cales os adolescentes tendemos a percibir máis como son a música, ou as súas letras. Nela puxeron unhas cancións nas cales víase perfectamente o tipo de contido que tiñan, e obviamente, ese contido era machista.

A MIÑA OPINIÓN : 

Desde o meu punto de vista, a charla estaba moi ben pensada. Recibímola mediante unha rapaza aparentemente nova, o cal tamén supón un contacto máis balanceado cara nos, xa que ela tiña un tipo de visión máis ou menos coma nos. Un tema que me parece interesante de destacar foi a atención e a curiosidade que amosaba a cada un de nos cando facíamos unha intervención. O único punto negativo que podo destacar, e máis en forma de opinión persoal, é unha pregunta/tema que fixo da música, argumentando que a música cambiaba a unha persoa. Eu penso que iso é un error garrafal, xa que a música varía o animo das persoas, e moitas veces pode chegar a ser unha amiga moi codiciada. Cando estou triste, poño música e síntome nunha nube. Olvídome dos problemas e estou en sintonía co ritmo e ca letra. Tamén cómpre destacar en parabéns os comentarios sobre as letras das cancións en inglés, que moitas veces non nos paramos a pensalas e cantámolas polo ritmo, pero sempre pódes sorprenderte prestando un pouco de atención.



Martín Fernández Rey 3ºB