vendredi 8 février 2019

XIV CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA ODISEA 2019



XIV CONCURSO DE CULTURA CLÁSICA ODISEA 2019

Nesta semana o alumnado de Grego e Latín do IES as Mariñas estamos a participar nunha nova edición do concurso Odisea, organizado pola Sociedade de Estudios Clásicos. Nesta ocasión o tema é: “A Ciencia e a Tecnoloxía en Grecia e Roma”.
O noso centro participa dende hai moitos anos neste concurso, no que tamén compiten outros institutos tanto de Galicia, como doutras comunidades autónomas.
É unha actividade moi interesante, xa que de luns a mércores temos que responder tres cuestións sobre Ciencia e Tecnoloxía en Grecia e Roma: o primeiro día as preguntas están centradas na mitoloxía, o segundo día na vida cotiá e o terceiro na historia e nas institucións. Ás cuestións do xoves dáselles o nome de "preguntón", xa que debemos contestar un total de trece preguntas e, se as acertamos todas, pasamos a unha final onde nos enfrontaremos a todos os equipos que tamén deron coas respostas correctas. De aí sairá o gañador de Galicia que participará nunha nova fase final cos equipos gañadores das outras comunidades autónomas que participan.
Este concurso serve para aprender diversos valores, por exemplo, a axudarnos os uns aos outros, a aprender a traballar en equipo aceptando e escoitando as ideas dos demais e, do mesmo modo, argumentando as propias ideas. Conseguimos así entender mellor a formulación das preguntas para contestalas correctamente e ampliamos os nosos coñecementos.

Candela Mosquera- 1ª Bacharelato-H