Teatro clásico en
Lugo
Un ano máis o alumnado de Cultura Clásica, Latín e Grego
do IES As Mariñas acudiu a Lugo a súa cita habitual co festival de Teatro
Grecolatino.
Pola mañá o alumnado da ESO visitou a Domus dos Mosaicos e fixo un xogo de orientación na busca das
pegadas romanas polo casco vello de Lugo. Mentres, o alumnado de bacharelato
asistía á representación da traxedia grega de Eurípides, As troianas, adaptación da compañía Noite Bohemia, que amosa unha raína Hécuba e unhas troianas
que, despois da guerra de Troia enfrontan con honor, pero con medo, o destino
que lles agarda como escravas dos gregos vencedores. Xa pola tarde todos
asistimos á representación de Anfitrión,
de Plauto, comedia de enredo baseada na suplantación da identidade.
