jeudi 14 mars 2019

CAMBIO CLIMÁTICO.

Este venres 15 de marzo terán lugar  manifestacións de estudantes preocupados polo punto en que o planeta se atopa fronte ao reto do cambio climático.
Dende o equipo directivo, queremos apoiar ao noso alumnado nunha causa que nos parece de especial importancia. Por ese motivo levarase a cabo un parón das actividades lectivas as 11.15 de todo o centro e unha concentración diante do edificio principal para a lectura dun manifesto. Despois retomaremos as actividades lectivas.
  
 O equipo directivo